Aparecen os trofeos perdidos do Club Deportivo Ourense

Afortunadamente, non estaban en paradoiro descoñecido, senón ocultos baixo chave.

Yebra e Luisito, coa Copa RFEF gañada polo extinto Club Deportivo. (Foto: CD Ourense).
photo_camera Yebra e Luisito, coa Copa RFEF gañada polo extinto Club Deportivo. (Foto: CD Ourense).

A pasada semana informábamos nestas mesmas páxinas da desaparición dos trofeos conquistados no seu momento polo Club Deportivo Ourense.

Estes foran adquiridos pola Deputación Provincial logo da liquidación do histórico conxunto en 2015 a causa dos seus problemas económicos.

Afortunadamente, non estaban en paradoiro descoñecido, senón ocultos baixo chave.

Logo dunha pregunta no pleno da Deputación efectuada polo voceiro do BNG, Bernardo Varela, o presidente Baltar afirmou que "todos os trofeos do Club Deportivo Ourense están gardados nunha sala do Pazo dos Deportes Paco Paz".

Ese palmarés que quedou en mans do ente provincial inclúe, entre outros, a Copa Real Federación Española de Fútbol gañada en 204, dous Luís Otero -incluída a primeira edición do histórico torneo de verán, disputada en 1959

A raíz diso, o Bloque Nacionalista Galego realizou un rogo para que "se habilite unha sala específica para esas copas". 

Apostou por esa solución "aproveitando a obra de reforma que se vai facer no Estadio do Couto", algo que Baltar asegurou que "estudará".

Comentarios