Antonio ‘Turco’ Mohamed, talento arxentino e experiencia mexicana para adestrar o Celta

Ficha por dúas tempadas. Vén de dirixir o Monterrey mexicano, co que gañou unha Copa.

229564_med_antonio_mohamed

O arxentino Antonio Mohamed, ‘Turco’ (Buenos Aires, 1970)vai ser a persoa encargada de dirixir o Celta nas vindeiras dúas tempadas. O seu nome colleu forza nestes últimos días como firme candidato ao banco celeste e confirmouse poucas horas despois de que Unzué collese a porta de saída. O navarro quería continuar mais recoñeceu que as cousas non saíran como agardaban ao inicio do campionato.

‘Turco’ Mohamed é arxentino e ten unha ampla carreira deportiva no seu país e tamén en México. O Celta vai ser o seu desembarco en Europa, outro mundo futbolístico, polo que haberá que ver a capacidade de adaptación deste adestrador de carácter, que gañou 2 ligas e unha copa no país azteca, onde adestrou equipas como o Tijuana, o América ou o Monterrei. Co Independiente de Avellaneda gañou unha Copa sudamericana. Antes de frade, foi cociñeiro: xogou 16 anos como futobolista profesional en diversos equipos, entre eles o Boca Juniors.

Apaixonado e temperamental, Mohamed gosta do fútbol en vertical, con nervio e pouco dado a especulacións. Encaixará iso cun Celta que leva anos apostando en control e fútbol de elegancia? O que ninguén lle discute a “El Turco” é a súa capacidade de facer vestiario, de unir e de sacar o mellor dos xogadores. Haberá que ver iso, sobre o céspede, como e en que se concreta.

Comentarios