Anti-violencia quer multar o Dépor polos incidentes que resultaron no asasinato de Jimmy

Propón unha sanción de 70.000 euros para o club coruñés. Tamén se multa o presidente da Federación de Peñas do Dépor con 22.000 euros.

jimmy-crop
photo_camera jimmy-crop

A Comisión Anti-violencia acordou impoñer un total de 70.000 euros de multa ao Deportivo da Coruña polos incidentes que resultaron no asasinato en Madrid do siareiro Francisco José Romero Taboada, ‘Jimmy’. Os motivos para lle impor a sanción son a xestión de venda de entradas no partido que se xogou no Vicente Calderón (25.000 euros) e “por facilitar apoio a grupos de seguidores que incurriran en condutas definidas como violentas “ (45.000 euros).

O resto da multa (25.000 euros) aplícaselle pola xestión “deficiente” según Anti-Violencia do libro de rexistro de siareiros “coa circunstancia agravante de reincidencia pola sancón imposta na mesma materia a temporada pasada”.

Ademais, tamén se multa con 22.000 euros e a prohibición de entrar a recintos deportivos durante 18 meses ao presidente da Federación de Peñas do Dépor "por facilitar entradas e medios de desprazamento a grupos violentos".

Comentarios