sábado 06.06.2020

Ana Peleteiro gaña o bronce de triplo salto no Mundial

A mellor marca da súa vida, 14,40 metros, valeulle á galega Ana Peleteiro a medalla de bronce nos Mundiais de atletismo en pista cuberta de Birminghan, en Inglaterra. Foi no seu cuarto intento cando superou en 18 centímetros a súa anterior marca.
 

A atleta de Ribeira Ana Peleteiro.
A atleta de Ribeira Ana Peleteiro.

O ouro foi para a venezolana Yulimar Rojas (14.63) e a prata para a xamaicana Kimberly Williams (14.48).

Natural de Ribeira e de 22 anos, a medalla de bronce é, polo momento, o máis alto recoñecemento acadado por Ana Peleteiro. En 2012 fixérase co campionato do mundo xuvenil de triplo salto. En 2014 e 2015 gañou os Campionatos de España en triplo salto ao aire libre e triplo salto en pista cuberta.

comentarios