venres 15/10/21

Ana Peleteiro conquista a primeira medalla para Galiza nun Europeo ao ar libre

A ribeirense ratifica o seu execelente estado de forma co bronce en triplo salto.

Ana Peleteiro nos Mundiais de Atletismo de Londres 2017 Foto: Arquivo

Cos seus 22 anos Ana Peleteiro logrou esta sexta feira o bronce no triplo salto do Europeo, conseguindo así para Galiza a primeira medalla do noso país nun campionato europeo absoluto de atletismo. Unha fazaña importante se ben a ribeirense aspiraba a máis, consciente de que este ano está a ser fundamental: empezou co bronce mundial en posta cuberta en Birminghan e ponlle o ramo con este bronce no Europeo ao ar libre en Berlín.

A bo Barbanza realizou un salto de 14,44 metros e ficou a apenas 1 centímetro da marca que fixo a alemá Kristin Gierisch, que realizou o seu mellor salto. O ouro levouno a grega Paraskeví, con 14,60 metros.

comentarios