Ana Peleteiro volveu voar. Desta volta, en Xetafe, no Campionato estatal de atletismo. A ribeirense protagonizou cinco saltos por riba dos 14 metros, incluído un sexto e último de 14,61 (-0.8), que a sitúan oitava na clasificación mundial do ano.,Foi o quinto título estatal para a galega.
Peleteiro, que ten o récord nacional en 14,73, nunca voara tan lonxe ao ar libre, e o acadado este domingo é un limiar de cara a Tokio. Ela mostrábase ambiciosa: "Sempre o digo. Desde cativa soño con ser medallista olímpica. É máis, soño con ser campioa olímpica, non vou ser hipócrita".
"Sei como está Yulimar (Rojas, a súa compañeira de adestramentos venezolana, dobre campioa mundial), nun estado de forma incríbel, mais tamén sei que nesta vida nada se regala, todo hai que loitalo até o último momento, e alí estarei eu, loitando até a derradeira bala para dar o mellor de min", dixo.
Medallas
A de Peleteiro non foi a única medalla para Galiza nestes campionatos. O viveirense Adrián Ben conquistou o ouro en 800 metros, Belén Toimil en Peso e Leticia Gil en lonxitude. Menchu Sánchez foi bronce en xavelina, Okutu bronce en lonxitude,