Amplíase ao 100% a capacidade nos estadios deportivos en exteriores e ao 80% en interiores

A medida entre en vigor esta sexta feira, 1 de outubro en todo o Estado.

Balaidos Campus Sapin asiáticos
photo_camera Estudantes orientais nunha visita a Balaídos.

O Consello Interterritorial do Sistema de Saúde chegou a un acordo esta cuarta feira para fixar unha capacidade máxima do 100% para eventos en recintos abertos e do 80 % para eventos en recintos pechados garantíndose sempre unha distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, segundo informou o Ministerio de Sanidade.

Estas medidas, destinadas ás competicións deportivas da Liga de Fútbol Profesional, a liga da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), así como doutros eventos deportivos, entrarán en vigor este 1 de outubro, sexta feira.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, confirmou o acordo á primeira hora detallou que eleva ao 100% a capacidade permitida nos estadios de fútbol e ao 80% nos pavillóns cubertos de baloncesto ou balonmán.

En declaracións á súa chegada á sesión de control no Congreso,  Darias explicou que o acordo amplía a presenza de público, deixando atrás as restricións motivadas pola pandemia do coronavirus.

 Permitir a volta de público ao 100% nos estadios abertos de fútbol, mentres que en recintos pechados, o que afectaría o baloncesto, o balonmán e outros deportes, ese máximo quedaría no 80%

En concreto, a idea é permitir a volta de público ao 100% nos estadios abertos de fútbol, mentres que en recintos pechados, o que afectaría o baloncesto, o balonmán e outros deportes, ese máximo quedaría no 80%. Todo iso, precisou  Darias, cumprindo as medidas farmacolóxicas xa tradicionais: máscara posta e prohibición de fumar e para comer nos recintos.

Ademais, non se permitirá a venda nin o consumo de alimentos e bebidas durante o evento deportivo, con carácter xeral. Tampouco o consumo de tabaco e de produtos relacionados, tanto en espazos interiores como exteriores.

O Acordo establece tamén a recomendación de proporcionar ventilación natural de forma permanente en interiores, e se esta non fose posíbel, utilizarase ventilación forzada coa fin de obter unha adecuada renovación de aire.

As medidas acordadas son comúns e de mínimos para todo o Estado para o período comprendido entre o 1 e o 31 de outubro, ambos inclusive de modo que na última semana de outubro realizarase unha nova avaliación da situación.

Comentarios