Traíñas

Amegrove faise coa súa cuarta liga

Os remeiros do Amegrove veñen de facerse co título de campións da Liga Galega de Traíñas 2015 tras vencerlle na tarde de onte na Bandeira da Pobra a Mugardos e a Ares.

[Imaxe: @kaixosport] Amegrove
photo_camera [Imaxe: @kaixosport] Amegrove

Tras dominar a máxima competición a nivel nacional durante toda a temporada, o Amegrove ve recoñecido o seu esforzo e faise coa liga, logo de impoñerse onte na primeira xornada da Bandeira da Pobra a Mugardos (a unha distancia de 20 segundos) e a Ares (a unha distancia de 35 segundos).

Trátase do cuarto título na última década para o Amegrove, que tamén se fixo co título de campión da liga en 2010, 2011 e 2012.

Na categoría feminina, o Cabo da Cruz fíxose coa I Bandeira Feminina Concello da Pobra. As remeiras proclamaranse campioas da Liga Feminina Galega na Bandeira de Mera. Na xornada de onte chegaron en segundo lugar as deportistas de Chapela, moi seguidas de San Martiño.

Coas competicións que teñen lugar hoxe porase o broche de ouro ás tres divisións que compoñen a Liga Galega de Traíñas.

Comentarios