Alessandra Aguilar e Vanessa Veiga cumpriron en Londres'2012

A maratón feminina destes Xogos Olímpicos celebrouse en condicións climatolóxicas adversas. Aguilar rematou no posto 61 e Veiga no 98.
Maratón feminina en Londres 2012

A proba máis dura dunha Olimpíada din que é a maratón, e teñen razón. A feminina desta edición en Londres reuniu a dúas galegas, Alessandra Aguilar (Lugo) e Vanessa Veiga (Gondomar) con historiais ben diferentes. Para a lucense son os seus segundos Xogos Olímpicos e para a de Gondomar era a súa primeira participación. A experiencia é importante nesta especialidade e así foi nesta ocasión en Londres cun tempo infernal, choiva e vento, e cun nivel moi alto nas atletas. África dominou a proba en todo momento e varias deportistas deste continente tiveron o control da carreira en canto quixeron.

A gañadora ao final foi a etíope Tiki Gelana cun tempo de 2:23:07. A mellor galega foi Alessandra Aguilar, con 2:29:19 e un 61º posto, e Vanessa Veiga fixo un crono de 2:46:53 polo que quedou en 97º lugar.

Comentarios