Adrián Ben fai historia e pulveriza o récord da Galiza na Diamond League

O atleta lucense exhíbese na véspera de Toquio 2021 
Adrián Ben está nun soberbio estado de forma (Foto: RFEA).
photo_camera Adrián Ben está nun soberbio estado de forma (Foto: RFEA).

Os deportistas galegos continúan mostran o seu extraordinario nivel a dúas semanas do comezo dos Xogos Olímpicos de Toquio 2021. Nesta ocasión foi a quenda de Adrián Ben, quen na Diamond League de Estocolmo finalizou en cuarta posición nos 800 metros lisos cun tempo de 1.44.18.

Ese rexistro supón un novo récord da Galiza, ademais da súa Mellor Marca Persoal (MMP) e o quinto mellor dun deportista europeo no que vai de tempada, polo que o ceo parece ser o único límite nos Xogos Olímpicos para o lucense.

Sada, Samer e Narón xa son de Primeira

O vindeiro ano o atletismo galego Máster contará con tres equipos na máxima categoría estatal, logo de que Sada, Samer e Narón lograsen fechar a súa presenza nas fases de promoción disputadas nas localidades da Nucia (Alacante) e Zaragoza.

Á primeira das mesmas acudían os equipos femininos do Samertolameu e do Club Atletismo Sada co principal e difícil obxectivo de reter a máxima categoría estatal diante de entidades do nivel deportivo e económico de Praias de Castellón e Fútbol Club Barcelona.

As galegas, que competiron sen ningún tipo de complexo, demostraron a súa calidade e certificaron a permanencia, finalizando Sada na cuarta posición con 86 puntos e as de Moaña sextas con 76.

Se todo iso acontecía na Nucia, en Zaragoza competían os homes do Atletismo Narón no seu encontro de Segunda División.

Os naroneses acudían cun equipo moi ben estruturado e motivado na procura de plantar cara nesta importante cita e, finalmente, a suma dos puntos déronlles unha segunda posición que lles permitirá tomar parte xunto a Sada e Sametolomeu na Primeira División Estatal no 2022.

Comentarios