Adrián Ben estréase no Europeo de Atletismo

Participa na carreira de 800 metros no Campionato de Europa de Múnic.
Adrián Ben está nun soberbio estado de forma (Foto: RFEA).
photo_camera Adrián Ben está nun soberbio estado de forma. (Foto: RFEA)

Chegou a hora de que entre en acción o terceiro e último representante da Galiza no Campionato de Europa de Atletismo.

Logo de que Belén Toimil finalizase en décima posición no concurso de peso, e Antía Chamosa décimo quinta nos 35 quilómetros marcha, Adrián Ben aspira a todo nos 800 metros lisos.

Adrián Ben rematou en quinta posición nos Xogos Olímpicos de Toquio o pasado ano 2021

O de Viveiro será da partida na rolda clasificatoria ás 10.10 horas desta quinta feira e, de lograr o pase, disputará as semifinais mañá ás 20.27.

Se consigue un posto na finalísima, volverá saltar ao tartán de Múnic ás 19.40 horas do domingo día 21.

O de Viveiro desexa sacarse o mal sabor de boca do recente Mundial, onde quedou eliminado na primeira rolda

A pesar de que chega coa décimo terceira mellor marca de entre os participantes, o seu quinto posto nos Xogos de Toquio son un aval para confiar en Adrián Ben. 

Comentarios