Adrián Ben clasifícase para a final dos 800 metros en Toquio

A final terá lugar a vindeira cuarta feira, o día do seu aniversario.
Adrián Ben en Toquio. Foto: Europa Press
photo_camera Adrián Ben en Toquio. Foto: Europa Press

O atleta de Viveiro Adrián Ben continúa a facer historia no atletismo galego. Ben clasificouse para a final de 800 metros dos Xogos Olímpicos, quedando cuarto na súa serie e meténdose na carreira pola medalla por tempos.

O atleta galego saíu ao seu ritmo, repetindo a táctica que empregou no Mundial de Doha. O canadense Marco Arop marcaba o paso mentres Ben seguía no final do pelotón. A falta de 250 metros, as hostilidades desatáronse e Ben lanzou o ataque definitivo, buscando os ocos e avanzando cun cambio final até chegar á meta en cuarta posición. A súa marca de 1:44.30 permitiulle entrar na carreira entre os oito mellores.

A final decorrerá na vindeira cuarta feira, o día en que fai 23 anos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios