Adeus Antonio Mohamed, olá Miguel Cardoso

O técnico portugués colle o relevo do arxentino, que só durou 4 meses á fronte do Celta.

miguel cardoso
photo_camera Miguel Cardoso Imaxe: Nantes

O partido do domingo entre Celta e Real Madrid cobrouse finalmente un adestrador. Non foi Solari, quen chegaba baixo a lupa de ver se rendía ao nivel que exixe a equipa merengue, o que caeu; senón Antonio Mohamed, cuestionado desde hai un tempo por parte da afección. O arxentino, que veu para dous anos —esa era a duración do seu contrato co Celta— durou catro meses.

Non convenceu Mohamed na parroquia celeste e a falta de resultados levou a directiva a destituílo aínda que o Celta non estea en postos de risco de descenso.

Para substituílo a opción da directiva celeste é Miguel Cardoso. O treinador luso, quen chega acompañado por catro técnicos axudantes, foi un destacado segundo adestrador durante un bo número de tempadas en diferentes conxuntos de primeiro nivel, entre eles Shakhtar Donest, Braga e Sporting de Portugal. Realizou unha gran tempada como adestrador do Río Ave e, de feito, levouno á súa mellor clasificación histórica na liga portuguesa.

A presente campaña dirixiu o Nantes francés.

Comentarios