O adestrador do Eibar, Gaizka Garitano, plantou este domingo a prensa na rolda posterior ao encontro que o seu equipo disputou en Almería. Garitano recibiu unha primeira pregunta en euskera, que contestou na mesma lingua. Unha situación que provocou as protestas dos xornalistas locais, segundo informa o xornal Gara.
Malia os intentos do responsábel de prensa do club andaluz, que pediu respecto para Garitano e recordou que era unha situación habitual, as críticas continuaron. O adestrador do Eibar decidiu levantarse e abandonar a sala.