Abel Resino, novo treinador do Celta

Os malos resultados e problemas cos xogadores fixeron que o clube prescinda de Paco Herrera, segundo informan varios medios de comunicación aínda que non hai confirmación oficial


A derrota do Celta diante do Getafe foi a última para Paco Herrera como treinador do clube vigués. Segundo informan varios medios de comunicación en Balaídos xa hai novo treinador: Abel Resino. A nova fichaxe realizada por Carlos Mouriño treinou equipas como o Atlético de Madrid, o Levante ou o Granada.

Adrián Bravo, de meuCelta.com, pensa que "persoalmente de confirmar se, será unha triste nova para o nós porque unha grande parte do celtismo confia en Herrerra e non me parece o máis esperanzador, diante dun partido importante co Granada e logo co Sevilla, Madrid, Barcelona, mudar de treinador".

A falta de 14 partidos para a final da liga e con 20 pontos na clasificación, o Celta ten unha necesidade urxente de sumar. Bravo considera que "o certo é que a directiva tiña dificultades para manter a Herrera no posto e nas últimas conferencias de imprensa parecía algo canso, non sei se tería a forza para sacar ao Celta desta situación". En todo caso, pensa que "se hai confirmación do cambio sexa para ben".

Aspas entre falar e non falar

A conferencia de imprensa de Paco Herrera após o partido desta fin de semana deixou pegada nalgúns dos xogadores da primeira equipa do Celta. As palabras do treinador, até confirmación oficial, sobre o seu rendemento non gostou. Iago Aspas, na súa conta particular de Twitter @aspas10, rechiou a frase "moitas persoas non din o que pensan, e outros nin siquera senten o que din", en clara alusión ás palabras de Herrera.

Comentarios