O servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) quere promover os deportes tradicionais galegos e comezou, por terceiro ano consecutivo, unhas xornadas de portas abertas todas as cuartas feiras no campo de hoquei do Campus Sur de Compostela. En horario de 16:30 a 18:00 horas todas as persoas interesadas poderán aprender os principios básicos da Billarda, a Chave ou os Bolos Celtas. A actividade, suspendida por mor da choiva o pasado 18 de abril, continuará até o 30 de maio. Alexandre Cadarso, responsábel da actividade, afirma que os deportes tradicionais galegos teñen cada vez máis siareiras. “Algunhas estudantes comezaron por vir probar e xa xogan na liga nacional de Billarda”, asegurou. Para participar hai que darse de alta como usuaria do Servizo de Deportes da USC e presentarse no lugar da actividade calquera dos días indicados.
Procura
En destaque
Máis Nós
A USC promove os deportes tradicionais galegos
Billarda ou Estornela, Chave e Bolos Celtas serán algúns dos deportes que poderá practicar a comunidade universitaria as cuartas feiras en Compostela
Máis en DEPORTES
DEPORTES
A elite do medio fondo rétase en Carballo polo Campionato da Galiza
Redacción
23/abr./24 7:09
DEPORTES
Ensino e Baxi Ferrol pelexan polos 'play-off' e o Celta por salvarse no final da liga de baloncesto
Redacción
20/abr./24 12:21
DEPORTES
O foco do atletismo galego desprázase a Don Benito, Cidade Real e Vigo esta fin de semana
Redacción
19/abr./24 19:42