Galiza xoga esta fin de semana o Campionato feminino de Rugby en Torrevella

Esta fin de semana a selección galega de rugby feminino ten unha cita en Alacant para disputar o torneo estatal no que tamén participarán Catalunya e Euskadi. As convocadas proceden dos equipos CRAT UDC, Zalaeta, Universidade de Vigo, Campus Ourense Rugby e Academia de Coimbra.
Selección feminina galega de Rugby

O estadio Nelson Mandela de Torrevella (Alacant) acolle esta fin de semana o torneo estatal de seleccións de Rugby Feminino coa participación de Galiza. Catalunya e a actual campioa desta competición anual. O torneo, nunha primeira fase, divídese en dous grupos. No primeiro xogará Galiza contra Catalunya e Andalucía, no segundo atoparanse Madrid, Euskadi, Castilla y León e País Valencià. Na historia desta competición dominan as selecións de Catalunya (oito títulos), Euskadi (seis títulos) e Madrid (tres títulos). A mellor clasificación da nosa selección foi un segundo posto hai cinco anos e a do ano pasado cun cuarto posto.

Na fase de grupos Galiza xogará primeiro contra Andalucía (Sábado, 12:15 horas) e logo contra Euskadi (Sábado, 15 horas). A fase final comezará o domingo a partir das 10 horas. Os partidos polo tereceiro e cuarto posto maila final transmitiranse a través da páxina da FER e todo torneo pódese seguir a través da Federación valenciana e LasTeles.

Xogadoras convocadas

Para este Campionato de España Feminino de Seleccións as xogadoras convocadas polos adestradores Rogelio Sabio Barreiro e Javier Lista Romay para esta fin de semana son dos equipos CRAT UDC, Zalaeta, Universidade de Vigo, Campus Ourense Rugby e Academia de Coimbra. por parte do CRAT UDC viaxan Vanesa Rial López, Selene Roz, Isabel Lamas Lavandeira, Elsa Porto Vieiros, Berta García Alonso, Turena Mikaela Lorié Cruz, Elena Roca Moro, Mónica Castelo Mejuto, Estefanía González González e Shaan Waru; do Zaleta participa Sylvie Cristinat; do Universidade de Vigo estarán Sara Silva Loureiro, Arancha Alonso, Mª Carmen Rodríguez, Estela Araujo e Carmen Mariño; por parte do Campus Ourense Rugby están na selección Ana Rodríguez Vidal, Lucía Alonso, Cecilia Martinez, Nerea Fernandez, Berta Rodriguez, Ana de Martin e Rebeca Otero ; do equipo portugués da Académica de Coimbra participan as galegas Silvia Vázquez Vallo e Laura Vázquez Vallo.

Comentarios