A Ponferradina empatou co Lugo e ficou a un gol de disputar o ascenso a Primeira

Os do Bierzo remontaron un 2 a 0 no Anxo Carro, mais a reacción foi tardía. Non xogarán, logo, os 'play-offs' polo ascenso


 

Ponferradina-Lugo
photo_camera Ponferradina-Lugo

A Ponferradina acudiu ao seu decisivo partido en Lugo apoiada por 2.000 seareiros bercianos. Unha maré branquiazul que non foi dabondo para que o equipo do ex-deportivista Claudio Barragán gañase e puidese, así, soñar coa Primeira división. Unha vitoria da Ponfe daríalle a posibilidade de disputar os 'play-offs' do ascenso. Non foi posíbel. E por un gol

O Ponferradina non xogou ben e mesmo como se non se estivese xogando nada. Así as cousas, aos 36 minutos da Primeira parte perdían 2 a 0. E os do Bierzo non reaccionaron até que faltaban por volta de 15minutos para finalizar o encontro, cos goles de Wellington e Yuri.

Malia derrota, xogadores e técnicos do club berciano recoñeceron que “vivimos unha temporada inesquecíbel”

Comentarios