A Federación Española de Fútbol sitúa o Compos ao borde da desaparición

A FEF exixe ao club compostelán o pago de 400.000 euros antes das 00:00 do día 8 para poder estar en Segunda B, categoría que o equipo gañou no campo e xogo

Segunda B
photo_camera Siareir@s do Compos

A Federación Española de Fútbol exixe á SD Compostela un aval económico de 400.000 euros, unha cantidade desorbitada para un clube do tamaño actual do compostelán.

Esta petición de aval da FEF ao Compos debe de se satisfacer antes das 00:00 horas da vindeira segunda feira, 8 de xullo. Exíxenlle eses 400.000 euros para poder estar en Segunda B, categoría á que recentemente subiu este equipo após gañar ese ascenso no campo de xogo. De non pagar esa cantidade, non é só que o club non ascendese, senón que podería desaparecer.

Nova directiva

Segundo relatan medios como Galifutbol.com, eses cartos pídeos a Federación española pola desconfianza que ten ante os impagos e débedas adquiridas en anteriores etapas polo club picheleiro. Débedas e impagos, de todos xeitos, anteriores á chegada da actual directiva, que tomou o leme do club vai para dous anos e medio.

A directiva presidida por Antonio Quinteiro leva este tempo sufragando a título persoal elo proxecto deportivo sen apoio económico de ningún tipo, nin empresarial nin institucional.

Comentarios