A Deputación de Lugo apoia o Club de Bolos O Cadaval

A Área de Deporte da Deputación achegará 7.000 euros para contribuír cos gastos xerados pola Liga de Bolos Provincial.
Convenio Bolos Cadaval coa Deputación
photo_camera Convenio Bolos Cadaval coa Deputación

A Deputación de Lugo, desde a súa Área de Deportes, asinou un convenio de colaboración co Club de Bolos O Cadaval de Pacios (Castro de Rei) para contribuír cos gastos xerados pola Liga de Bolos Provincial que cada tempada move preto de 300 deportistas lucenses. A cantidade que achegará a institución será de 7.000 euros e está na liña do que Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte apunta como "aposta por deportistas lucenses, polo deporte feminino, pois conta con equipo feminino, así como pola recuperación de deportes tradicionais”.
 
A promoción e recuperación dos xogos populares e deportes tradicionais galegos, desprazándose por toda Galiza tamén con actividades de divulgación de xeito constante desde o ano 2000 aproximadamente, é a principal actividade de “O Cadaval” de Pacios. Ademais dos bolos O Cadaval participa en demostracións e campionatos de  ra, chave, estrela, trinco, fuxa, chino, maitines, zancos, billarda, tres en raia, chanto, cristos, corda, por­ca, zambombazo, tres pasmóns e o ceo.

Comentarios