A canteira do Celta reafirma na XIX Copa de Campións que é das mellores do Estado

O Celta xuvenil perdeu por un só tanto (2-3) contra o Sevilla na final da principal cita do fútbol base. Os celestes fixeron un campionato de luxo, derrotando a escuadras como a do Real Madrid

 

Celta xuvenil
photo_camera Celta xuvenil

Balaídos despediu cunha grande ovación ao plantel do Celta xuvenil. Pouco importou que perdese contra o Sevilla (2-3) a final da XIX Copa de Campións, que tivo lugar desde principios de maio en Vigo e por primeira vez na Galiza. O Celta fixo un campionato expléndido, derrotando a competidores como o Real Madrid. E na final contra o Sevilla loitou até o último segundo.

De feito, e malia que ía perdendo 1-3 a escasos segundos do final a , seguíu a procurar o gol. E meteuno. De durar un pouquiño máis o encontro, quen sabe.... Aliás, ao Celta anulóuselle un tanto (minuto 57) e houbo decisións arbitrais discutíbeis. En resumo: Un Celta superior e cun eEnorme sacrificio e entrega dos xogadores galegos,careceu de fortuna e finalmente perdeu 3-2.

 No torneo tomaron parte FC Barcelona, Real Madrid, Atlético de Madrid, Athletic Club de Bilbao, Sevilla FC, Villarreal e UD Las Palmas.

Comentarios