Os 4 grandes goleadores galegos da Liga 2020/21

Iago Aspas, Santi Mina, Joselu e Borja Iglesias acadaron os dous díxitos goleadores na tempada futbolística de Primeira División que agora chega á súa fin, unha fazaña sen precedentes que repasamos aquí.
Iago Aspas sumou outro gol e outra asistencia na súa conta particular. (Foto: La Liga).
photo_camera Os galegos Aspas e Santi Mina sumaron 25 goles nas 37 primeiras xornadas de liga (Foto: LFP).

Un total de catro galegos anotaron polo menos 10 goles na tempada 2020/21 que remata nesta fin de semana, un dato que demostra o bo estado do noso fútbol. Así, na táboa de máximos goleadores da Liga de Fútbol Profesional, Borja Iglesias ocupa o posto 19 (10 tantos), Joselu o 18 (11), Santi Mina ocupa o décimo lugar con 12 goles e Iago Aspas é oitavo con 13.

Borja Iglesias (Betis)

Borja Iglesias

Nado en Compostela no ano 1993, o bético e ex canteirán celeste é o dianteiro máis en forma do fútbol español e chave na clasificación europea do Betis, sendo ademais exemplo de resiliencia, pois en decembro do ano pasado puxo fin a unha negativa xeira que o tivo once meses sen ver porta.

Joselu Mato (Alavés)

Joselu Mato

Nado na localidade alemás de Stuttgart en 1990, Joselu foi fundamental para que o Deportivo Alavés mantivese a categoría, máis que duplicando cos seus 11 goles os do segundo máximo goleador do conxunto vasco, Édgar Méndez (5), e os 4 do terceiro, o tamén galego Lúcas Pérez.

Santi Mina (Celta)

Santi Mina

O de Vigo alcanzou definitivamente a madurez deportiva aos seus 25 anos. Nove tempadas despois do seu debut, sendo aínda menor de idade, non só igualou a súa maior cifra anotadora previa (12), senón que tornou en referente e líder celeste nos partidos en que Iago Aspas estivo ausente por lesión.

Iago Aspas (Celta)

Iago Aspas

O mellor xogador na historia celeste continúa sendo a gran referencia do equipo aos seus 33 anos, sendo a única nota negativa nunha gran tempada tanto no plano individual como no colectivo a lesión que cortou o seu estado de graza en decembro, cando foi nomeado mellor xogador do mes.

Comentarios