5 futbolistas galegos que triunfaron no exterior

Repasamos algúns dos nomes que fixeron carreira fóra das nosas fronteiras
Vero Boquete é a gran trotamundos do fútbol galego (Foto: AC Milán).
photo_camera Vero Boquete é a gran trotamundos do fútbol galego (Foto: AC Milán).

O do fútbol é un sector cunha gran mobilidade. Conscientes de que hoxe poden estar aquí e mañá alí, os e as xogadoras viven cunha maleta ás costas.

Estes son cinco dos exemplos galegos máis paradigmáticos:

Vero Boquete

A trotamundos por excelencia do fútbol galego é esta compostelá que abandonou o Xuventude de Aguiño con 18 anos para iniciar unha traxectoria que a levou a xogar en España, os Estados Unidos, Rusia, Suecia, Alemaña, Francia, China e Italia, onde a día de hoxe defende as cores do AC Milán.

Gerardo Seoane gerardo_seaone-fichajes-rumores-leverkusen

Nado en Suíza, este fillo de emigrantes tivo unha carreira como xogador que, na súa meirande parte, desenvolveuse no país helvético, coa excepcións duns anos no Deportivo de finais dos 90 e principios dos 2000 nos que non contou con minutos a causa da importante competencia. Unha vez retirado, tornou nun exitoso adestrador, e tras dirixir exitosamente ao Lucerna e o Young Boys suízo acaba de asinar polo prestixioso Bayern Leverkusen da primeira división alemá.

Angeliño

José Ángel Esmorís Tasende é, xunto con Iago Aspas, o xogador galego de máis nivel na actualidade. Coñecido deportivamente como Angeliño, logo de formarse en Abegondo deu o salto ao Manchester City inglés, entidade que o fogueou cedéndoo ao New York City da liga estadounidense, ao Mallorca e ao Girona da española, e ao NAC Breda holandés. O seu rendemento alí espertou o interese do PSV Eindhoven, un dos mellores equipos dos Países Baixos, onde explotou por completo, e logo dun fugaz regreso ao Manchester City asinou polo Red Bull Liepzig da Bundesliga, onde actualmente é unha das grandes estrelas da competición

Iago Falque

O mediocampista vigués pasou gran parte da súa infancia na Masía do Barcelona, que abandonou despois de sete anos rumbo á Juventus de Turín, onde complementou a súa formación, previo paso por equipos como Bari (Italia), Vilarrreal B, Almería, Raio Vaiecano (España) e Tottenham e Southampton (Inglaterra). Alcanzou o seu mellor nivel de novo no Calcio, concretamente no Genoa, que o catapultou ao Roma primeiro e ao Torino despois. Xa nesta última tempada, xogou en calidade de cedido noutra escuadra italiana, o Benevento. 

David Rochela

O veterano defensa pontés formouse na canteira do Real Club Deportivo, co que debutou en Primeira División en abril de 2010, pouco antes do primeiro descenso do conxunto herculino en 25 anos. Tras non consolidarse no primeiro equipo, saíu cedido ao Rácing de Santander e logo iniciou un periplo internacional que o levou a xogar no Hapoel de Tel Aviv de Israel, no Buriram de Tailandia e no Port, do mesmo país, no que leva desde 2014 e onde está considerado como un ídolo.

Comentarios