'Os 10.000 peregrinos', nova proba de atletismo en ruta en Santiago

A Deputación da Coruña anunciou que Santiago terá unha nova carreira en ruta co nome de "Os 10.000 peregrinos". Tamén en atletismo, a selección Sub-16 e Sub-18 gañou oito medallas en Iruña (Nafarroa).
Carreira polo barrio de San Pedro de Santiago (Foto: Nós Diario).
photo_camera Carreira polo barrio de San Pedro de Santiago (Foto: Nós Diario).

Compostela contará cunha nova proba de atletismo en ruta que se estreará o 16 de abril, segundo transcendeu onte.

Trátase da carreira "Os 10.000 peregrinos da Deputación da Coruña" que constará de varias modalidades, unha carreira de 10 e 5 quilómetros, homologadas pola Real Federación Española de Atletismo (RFEF); unha de dous quilómetros en ruta; e unha andaina de cinco quilómetros en ruta. Xa está aberto o prazo de inscrición e a previsión é que participen máis de 3.000 atletas. 

Haberá distintas categorías en función da idade das persoas participantes, desde alevíns (nados entre 2012 e 2013) até os Máster 4 (nados en 1962 ou en anos anteriores). Tamén haberá un percorrido de dous quilómetros non homologado para as categorías escolares. 

Oito medallas nos estatais

Nada menos que un total de oito medallas -catro ouros e catro bronces- colleitou en Iruña (Nafarroa) a selección galega de Sub-16 e Sub-18. A primeira foiub-16 onde Sabela Castelo foi ouro, e Sabela Martínez, bronce, na distancia de 5 quilómetros. 

Con este resultado a selección lograba proclamarse campioa de España, por diante dos combinados de Catalunya e Euskadi. Na mesma categoría e distancia mais masculina, Alex Sierpes lograba o ouro. 

Na quenda da selección Sub-18 estaba Xela Martínez como unha das favoritas ao título. A lucense confirmou de novo, como xa fixera no mundial de Australia, que é a mellor da súa categoría a nivel estatal.

Conseguiu renovar o título de campioa de España levando a selección galega ao podio por equipos no que tamén estiveron, entre outras, Sara Guedes, Leyla Villar e Sandra Gonzalez. 

Por último, nos Sub-18 masculinos o fondista lucense Teo de Frutos conseguía a sétima das medallas logo de entrar na liña de meta na terceira posición . Con esta nova medalla, a selección tamén subía ao podio para recoller o bronce polo traballo en conxunto, entre outros, de Miguel Alvariño e Asheber Díaz.

Comentarios