EMPATE IN EXTREMIS DO CELTA EN GRANADA

O 1-1 co Córdoba provoca a destitución de Víctor Fernández e pon o Dépor á beira do abismo

O Deportivo só puido arrincar un ponto fronte ao pechacancelas da Primeira División. A equipa coruñesa só sumou 3 pontos dos últimos 24 disputados. A crise de resultados saldouse coa saída de Víctor Fernández. Na Coruña dáse por feito o seu relevo polo ex xogador branco-azul Víctor Sánchez del Amo, até agora inédito como primeiro adestrador.

Dépor-Córdoba
photo_camera Foto tirada de @RCDeportivo

O 1-1 fronte á unha equipa xa desafiuzada, o Córdoba, um combo que se apresentaba en Riazor con só 18 pontos, non deixou outra opción á directiva deportivista que a destitución de Víctor Fernández.

O treinador aragonés chegou á Coruña a poucos días de comezar a pretempada, após a traumática e polémica destitución de Fernando Vázquez perpetrada polo presidente Tino Fernández en resposta a unhas declaracións do técnico de Castrofeito sobre a política de fichaxes do clube.

Os números de Víctor Fernández son verdadeiramente desoladores: 6 vitorias (4 en Riazor, 2 fóra da Coruña), 9 empates e 15 derrotas. 25 goles a favor e 47 en contra. Un total de 27 pontos en 30 xornadas, 0,9 pontos por partido, promedio que en condicións normais abocaría a calquera equipa ao descenso seguro.

A boa noticia para o Deportivo é que aínda hai tres equipas con piores números nun campionato que se caracteriza pola suprema excelencia no topo da clasificación e polas miserias dos de abaixo, correlato das diferenzas abismais nos orzamentos que manexan as equipas ricas e as humildes. Neste momento, a fronteira do descenso márcaa o Almeria, con 25 pontos. Despois estarían o Granada, con 24, e como fechacancelas un Córdoba que con 19 pontos xa é virtualmente nova equipa de Primeira División.

Todo apunta a que será o ex deportivista Víctor Sánchez del Amo, de 39 anos, quen asuma agora o mando da equipa. 

A má noticia para a equipa coruñesa é o calendario. Dos 8 xogos que fican por se disputar, 5 serán fóra da Coruña e o derradeiro, aínda por cima, no Camp Nou. Na casa o combo deportivista recibirá o Atlético de Madrid, o Villarreal e Levante.

Relevo

Todo apunta a que será o ex deportivista Víctor Sánchez del Amo, 39 anos, quen asuma agora o mando da equipa. Sería unha nova aposta arriscada da directiva de Tino Fernández, sendo que o tamén ex futbolista do Real Madrid até agora non ten dirixido como primeiro treinador a ningunha equipa. Si foi segundo adestrador, en concreto do Getafe, o Sevilla e o Olympiacos.

Empate do Celta en Granada

Mentres, o Celta sumou un novo ponto, até totalizar 36, ao empatar in extremis o encontro que o enfrontou a domicilio co Granada. O gol do 1-1 asinouno no minuto 93 Bongonda. O empate é un bálsamo para o Deportivo ao restarlle dous pontos a unha equipa que é directo rival na loita por safar do descenso.

Comentarios