O 'Mataxigantes' Obradoiro aloumiña os 'play off' após derrotar ao Madrid (61-64)

 

O Obradoiro remontou un partido que de inicio se lle puxo difícil. Nunca perdeu a confianza e rematou gañando e achegándose aos 'play off'. O Madrid só fora derrotado tres veces nesta liga. Con esta vitoria, os composteláns xa gañaron aos catro combos españois que este ano disputaron a Euroliga

Obradoiro

O Obradoiro Blusens Monbus de Moncho Fernández, un dos orzamentos máis modestos da liga, vén de lle dar toda unha lección ao Real Madrid de Pablo Laso, onde as contas non son un problema pois hai cartos a esgalla. E deulle a lección en casa, en Madrid, ante o público merengue. Os catro equipos españois que este ano disputaron a Euroliga perderon contra o Obradoiro.

Os catro equipos españois que disputaron a Euroliga perderon contra o Obradoiro.Memorábel

O Obradoiro nunca se rendíu, nunca. E tivo o seu premio: vitoria por 61 a 64. (Unha vitoria, e van quince, que sabe a gloria e que, o que é máis importante, achegan o equipo compostelá aos Play Off.Hummel, o xogador obradoirista, con 19 puntos e 7 rebotes foi todo un fortín, o protagonista do encontro.

Inicio nada prometedor

O inicio do partido non foi prometedor en absoluto. De feito, o Madrid meteu un parcial de 7-0 que fixo temer o peor aos siareiros composteláns e galegos. O primeiro cuarto finalizou con vantaxe madridista de 9 puntos.

No descanso, porén, esa diferencia xa se tiña reducido (29-25). E ao final do terceiro tempo o Real Madrid só gañaba por tres puntos ao Obradoiro. E, finalmente, no cuarto tempo os do Obradoiro puxeron toda a carne no asador e gañaron, poñéndose moi pertiño dos Play Off.

Comentarios