A “Zanfona CarneiFona” válelle a Xaneco Tubío o premio Antón Fraguas

Presentábanse 219 pezas de 64 artesáns e a gañadora foi a chamada “Zanfona CarneiFona”. O seu autor, o artesán Xaneco Tubío recibe así o premio do X Certame de Artesanía Antón Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. 

.
photo_camera .

Coa “Zanfona CarneiFona” Xaneco Tubío do Obradoiro de Instrumentos Musicais de Outeiro de Rei, vén de gañar o X Certame de Artesanía Tradicional Antonio Fraguas Fraguas. Canda outras pezas presentadas comporán unha mostra que se abrirá en distintos concellos da provincia da Coruña. 

“Supón un chanzo mais na miña traxectoria profesional, iniciada hai mais de vinte anos, nos que comeza a rondarme a idea de adicarme profesionalmente ao oficio de luthier.   Síntome afortunado de poder seguir traballando neste oficio do que son un apaixonado”, sinalou o gañador, membro tamén da Asociación de Gaiteiros e un dos máis destacados luthiers do país. 

Xaneco Tubío valorou que con certames como o Antón Fraguas se recoñeza o labor de persoas que se dedican “aos vellos oficios tradicionais, portadores  dunha sabedoría popular que durante séculos fomos  quen  de transmitir ás xeracións mais novas, forxando grande parte da nosa identidade como pobo, e sen a cal  a contemporaneidade non tería ningún sentido.”

Comentarios