domingo 19.01.2020

O Bravú celebra un cuarto de século

Rastreros de Chantada, Os Diplomáticos de Monte-Alto, O Caimán do Río Tea ou Banda Xangai celebran con diferentes eventos os XXV do bravú, movemento fundamental para a normalización do galego na música.
Diplomáticos de Monte-Alto
Diplomáticos de Monte-Alto

A quinta feira 5 de decembro en Portas Ártabras (A Coruña), terá lugar ás 20 horas unha «Sesión bravú», coa proxección do documental de Anna Diz: 20 anos de bravío. Este traballo, producido por Chantada Films, analiza a través de eventos e testemuños o movemento, con especial atención á celebración dos 20 anos do manifesto de Viana.

calendarioPara alén deste pequeno acto para facer boca, as semanas seguintes contarán cunha celebración por todo o alto, como non podía ser doutro xeito, con música e festa. Xa na sexta feira 6 de decembro, os Rastreros e a Banda Xangai farán o seu espectáculo na sala Mardi Gras (A Coruña).

O sábado 14, de novo Rastreros, acompañados nesta ocasión por Os podridos e Collón de Lola encherán co seu rock enxebre a sala Rebullón (Mos). Na semana seguinte, como peche, retornarán á sala Mardi Gras Os Diplomáticos de Monte-Alto.

comentarios