Os días 5 e 6 de agosto

A Mostra de Instrumentos de Música Tradicional non falta á súa cita anual, e van 24!

A Asociación de gaiteiros e gaiteiras galegas celebra este ano a XXIV Edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional. Este evento constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e terá lugar os días 5 e 6 de agosto enmarcado no Festival de Pardiñas, en Guitiriz. Nesta edición, a mostra congrega 26 artesáns que amosarán a produción que sae dos seus talleres.  

pandeira 3

A Edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional fai este anó a súa edición número XXIV. Este evento constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e terá lugar os días 5 e 6 de agosto enmarcado no Festival de Pardiñas, en Guitiriz. Nesta edición, a mostra congrega 26 artesáns que amosarán a produción que sae dos seus talleres.  Consagrada como a máis antiga da Península Ibérica, esta mostra cumpre xa 24 anos e é un referente indispensábel da música tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Ao igual que nas anteriores edicións exporase un amplo abano de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, frautas, zanfonas, tambores ou pandeiretas.

Ademais da mostra, na cita non faltará música e baile tradicional que estarán presentes durante toda a fin de semana a través de actuacións en directo e obradoiros.

O Mestre Antón Corral será o encargado de dar o pregón na apertura destes tres días de música e tradición. Contarase tamén coa presenza de Fernando Meireles, quen con só dez anos é xa un virtuoso violinista e tocará en compaña do seu pai, músico e luthier.

Comentarios