Xurxo Lobato, premiado nos Gourmand World Cookbook Awards

O libro 'Aceite e oliveiras de Galicia', do fotógrafo coruñés, vén de ser premiado como mellor libro en galego dos Gourmand World Cookbook Awards. 

libro Aceite e oliveiras en Galicia 1
photo_camera 'Aceite e oliveiras en Galicia'

A obra de Lobato, colaborador de Sermos, foi nominada tamén ás categorías de mellor tradución e mellor fotografía nas categorías xerais. Os galardóns coñeceranse e entregaranse nunha gala que terá lugar en maio en Yantai, principal porto importador de China e considerado como a capital do viño e da gastronomía deste país.

É a terceira vez que Lobato é recoñecido nos Gourmand Awards grazas a este traballo, que foi editado en galego, español e inglés pola empresa Aceites Abril, e que ten como obxectivo “dar a coñecer o mundo da oliveira en Galiza, que tivo bastante desenvolvemento no val do Sil entre os séculos XVI e XVII, pero logo frustrouse”, segundo o autor.

Comentarios