Dados do Consello da Cultura

Desde que goberna Feixóo, a Xunta reduciu en 58% as adquisicións para bibliotecas

Os anos Feixóo supuxeron un contundente correctivo para as bibliotecas públicas galegas. Así o certifican as cifras recollidas polo Consello da Cultura no seu informe Datos da edición en Galiza. 2006-2016: entre 2008 e 2016, o recorte nas adquisicións de libros para as bibliotecas caeron nun 58%.
 

[Imaxe: Bibliotecas Municipais da Coruña]
photo_camera Bibliotecas Municipais da Coruña.

A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, dirixida e coordinada polo Goberno galego, agrupa 343 centros. Trátase das cinco bibliotecas de titularidade estatal situadas no país, 335 de titularidade pública local dependentes de concellos ou outras entidades, e outras 13 de titularidade pública ou privada.

A estratexia da Xunta de Alberto Núñez Feixóo -que goberna con maioría absoluta desde 2009- para o sector do libro resultou na redución brutal do sector. Menos axudas a editoriais, menos gasto familiar, menos publicación en galego. O apartado dedicado ás bibliotecas confirma o panorama.

“Entre 2008 e 2016, o recorte nas adquisicións ascendeu a case 2,4 millóns de euros, o que supón 58% menos”, expón o documento do Consello da Cultura Galega -órgano estatutario de carácter asesor e consultivo que preside o historiador Ramón Villares. Segundo as conclusións do texto, “as políticas de gasto público” no sector non axudan.

Comentarios