Os Xoves de Códax despídense con Gallaecia Small Bando

O ciclo de concertos solidarios organizados na terraza de Adegas Martín Códax, en Cambados, chega á súa fin coa actuación da formación Gallaecia Small Bando.

Adegas Martin Códax en Cambados
photo_camera Adegas Martin Códax en Cambados

Quinta feira 22 de agosto finaliza a programación da oitava edición dos concertos Os Xoves de Códax. A formación Gallaecia Small Bando será a última en actuar, un grupo “que se adapta a calquera tipo de repertorio”, en palabras da organización, e que van desde o swing aos boleros, entre outros estilos.

A banda fórmana o saxofonista Pablo Castaño, José Luis Miranda no trombón, Hansel Luís Díez na trompeta, Carlos Bastón na batería, Tony González na percusión, Pachi Cruz no contrabaixo, Cristian  Leggiero no piano, dirección e arranxos, e Ely Morais e  Paty Lesta nas voces.

A recadación dos billetes do concerto que ofrecerá Gallaecia Small Banda destinarase á ONG ACCEM co pretexto de colaborar coas persoas que se atopan en situacións máis vulnerábeis e, especialmente, as persoas refuxiadas, migrantes e en situacións de exclusión social.

A recadación dos billetes do concerto que ofrecerá Gallaecia Small Banda destinarase á ONG ACCEM

De feito, os ciclo Os Xoves de Códax é un evento cun fin solidario no que o despacho de billetes de cada un dos concertos destínase a unha entidade benéfica diferente. Ao longo das sete edicións anteriores, a organización entregou máis de 100.000 euros.

Nesta oitava edición actuaron na terraza da Adega músicos como Baiuca, un dos artistas galegos que máis están a despuntar coa súa capacidade para mesturar ritmos electrónicos e experimentais co folclore do país. Tamén actuaron o compositor Kiko Veneno, así como un dos artistas galegos de jazz máis internacionais xunto á voz portuguesa máis coñecida do momento, Abe Rábade e Salvador Sobral. Actuou en Cambados unha das voces máis importantes do folk galego, Sonia Lebedynski, e combinaron a súa música as artistas Zenet e Najla Shami e os cataláns Yumi Gipsy Band en fusión co compostelán Moisés Fernández. O ciclo arrincou en xullo co coa actuación do intérprete Fredi Leis

Comentarios