Xosé Barato, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galiza

Luma Gómez é a vicepresidencia e Arantza Villar convértese na nova secretaria da AAAG.

Xosé Barato
photo_camera Xosé Barato

A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG) escolleu en asemblea a súa nova Xunta Directiva.

Xosé Barato é o novo presidente, mentres que Luma Gómez asume a vicepresidencia e Arantza Villar accede á secretaría da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Toni Salgado, Xosé Esperante, Sara Fandiño, Eva Fórneas, María Ángeles Iglesias, Daniel Celester, Sheyla Fariña, Rosa Puga Dávila e Iria Lamas.

Barato (Guitiriz, 1979) facía parte da Xunta Directiva que presidía Xabier Deive,

A AAAG e únha asociación sindical que representa máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma.

Entre as súas funcións, explica, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos importantes do calendario cultural en Galiza: os Premios de Teatro María Casares, que neste 2021 chegan a súa 25ª edición.

Comentarios