4 xogos en galego para pasar o confinamento

Xogar en galego é unha posibilidade real durante o confinamento. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes e online, para nenas e adultas, cos que pasar as horas durante este encerro.

prinp
photo_camera Trivial.GZ e [email protected] son dous dos xogos que se poden probar na web da AS-PG (Foto: Nós Diario).

O confinamento obrigatorio para evitar a expansión da COVID-19 está a crear infinidade de situacións nos fogares de practicamente todo o mundo e, por suposto, tamén nos galegos. Un deles, aínda que poida parecer superficial, é como combater o aburrimento, en especial o das crianzas, que son dos colectivos que peor o están pasando por non poder saír á rúa.

Nunha época nas que as PlayStation, Switch ou a Xbox -e o entretemento electrónico, en xeral-, poderían ser as opcións máis doadas para as nais e pais, aparecen tamén na rede outras alternativas para que a rapazada sexa quen de pasar as horas dunha forma amena e na súa lingua.

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofrece na súa páxina web, totalmente de balde, catro opcións diferentes de xogos online e en galego para nenas e non tan nenas cos que pasar as horas durante este encerro a causa do coronavirus. Trátase de Trivial.GZ, [email protected], O xogo da  Curuxa e Categorizando:trivialpequeno

1.- Trivial.GZ : Permite un achegamento á literatura, á historia, á xeografía e á sociedade galegas no formato do tradicional Trivial Pursuit, quizais o xogo máis popular do mundo, con permiso do Monopoly. XOGA AQUÍ.

2.- [email protected]: Consiste en formar palabras de dúas ou máis letras para colocalas nun taboleiro cuadriculado (de 15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro. XOGA AQUÍ.

3.- O Xogo da Curuxa: Se o Trivial.Gz está inspirado no Trivial Pursuit, o Xogo da Curuxa faino no arquicoñecido Xogo da Oca, no que hai que lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. Mais, a diferencia que acontece no da Oca, na Curuxa cando o xogador ou xogadora cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc, probas que poden consistir en asociar imaxes, responder tests, asociar elementos... XOGA AQUÍ.

3

4.- Categorizando: Finalmente, Categorizando, tamén coñecido como CataPalabras, é un xogo no que poden participar de dous a catro xogadoras que consiste, basicamente, en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras. O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posíbel, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se apunten e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as repetidas non suman. XOGA AQUÍ.

Comentarios