No MARCO de Vigo

A xogar con 'Formas Estreladas'

Os obradoiros Formas Estreladas promoven a arte contemporánea entre as crianzas.
Fotos de obradoiros para crianzas no MARCO
photo_camera Fotos de obradoiros para crianzas no MARCO

Dentro da súa programacion educativa, o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo promove unha serie de obradoiros de Nadal destinados ás máis pequenas da casa, baixo o título Formas estreladas.

O obxectivo é tirar partido das posibilidades didácticas das mostras de Martins e Gruber, con percorridos e experimentos por salas, seguidos de actividades no Laboratorio das Artes, procurando un enfoque dinámico e participativo.

Partindo da liña, do debuxo e da obra sobre papel como elemento básico, ábrense múltiples posibilidades de xogos en torno á percepción das formas. Destinados a maiores de 3 anos soas ou acompañadas de persoas adultas, os obradoiros darán comezo o vindeiro 26 de decembro e terán lugar de quinta feira a sábado durante dúas semanas de 12 a 14 horas. 

Comentarios