Xoel e Xabier Díaz sacan tallada nos Premios MIN

Os dous coruñeses foron os triunfadores galegos na noite dos Premios MIN da Música Independente que tivo lugar a terza feira. 

xabierdiaz-xoel
photo_camera Xabier Díaz e Xoel López [Facebook de Xabier Díaz]

Xoel López, que optaba a cinco dos principais premios, acadou o recoñecemento ao mellor álbum pop polo seu último traballo, 'Paramales', e á mellor produción musical. 

Xabier Díaz conseguiu o galardón ao mellor álbum en galego polo seu 'The Tambourine Man' xunto coas Adufeiras de Salitre. Tamén optaban Davide Salvado, Terbutalina, SES e Rústica, o disco conxunto de Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. No caso do mellor álbum en euskara o gañador foi Jabier Muguruza e en catalán, Els Catarres. 

Davide Salvado tamén competía polo mellor álbum de músicas deo mundo, que rematou en mans de Barcelona Gipsy Balkan Orchestra. 

A banda triunfadora da noite foi Vetusta Morla, que levantou o premio ao mellor artista, mellor videoclip e mellor directo. O mellor álbum do ano foi para El Langui e a mellor canción para Izal. 

Premios Martín Códax

O 28 de abril faranse públicos os Premios Martín Códax da Música Galega, que contan con 57 finalistas, onde tamén podemos atopar a Xoel López, Xabier Díaz, Davide Salvado, Uxía & Narf, Caxade, Guadi Galego, De Vacas, Agoraphobia ou The Lakazans. 

Comentarios