'Na harmónica'

Xico de Cariño xa ten primeiro disco

Chega ás loxas Na harmónica, o novo e primeiro traballo propio de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño.
Xico de Cariño
photo_camera Xico de Cariño

Vén de chegar ás loxas Na harmónica, un libro-CD que condensa o inmenso traballo de Francisco Peña Villar, máis coñecido como Xico de Cariño.

Entre centos de músicos, concertos, festivais ou iniciativas, a súa figura é unha constante na música galega desde os anos 60. Personalidade senlleira, foi punto de conexión de José Afonso coa Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París.

No limiar de entrar na súa oitava década, o músico oferece o seu primeiro traballo propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o seu instrumento predilecto.

A obra serve de carta de presentación para Zeca, a nova colección de libros-CD de aCentral Folque.

Comentarios