Xa hai rei para o rap improvisado en galego: un de Boiro, Álex ‘O Jallejo’

Foi o vencedor na primeira edición do CeibaRimas.

Alex O Jallejo Ceibarimas
photo_camera Alex 'O Jallejo' (Foto: Ceibarimas)

O boirense Alex ‘O Jallejo' é o vencedor da I Liga CeibaRimas. Oito finalistas batéronse entre eles a base de rimas  e foi ‘O jallejo’ quen se impuxo na Gran Final ante o principal favorito, o malpicán Óscar ‘O Arrieiro’.

A fase final do concurso desenvolveuse via streaming e chegou a xuntar máis de trescentas cincuenta espectadores en total.

Na xornada amosouse o alto nivel do freestyle en galego, indican desde a organización.

O cadro completárono MC MOG, o rianxeiro que ficou en terceiro posto, 'O Amorodo', cuarto clasificado e o resto de finalistas: a Rabela, o Pirata, XeVa e o Rei Murtino.

A xornada de creatividade lírica significou o primeiro evento online de competición de freestyle en galego. 

Todas as batallas están dispoñibles na canle de Youtube e resumidas nas redes sociais do proxecto CeibaRimas

Comentarios