SERMOS OPTA AO DE XORNALISMO CULTURAL

Xa hai finalistas para os Premios da Gala do Libro Galego

Manuel Rivas opta a dous premios por dous libros distintos, ao igual que María Solar en literatura infantil e xuvenil. En canto ás editoriais, Xerais opta a 11 premios, tendo moi por detrás a Alvarellos (4), Kalandraka (3), Tambre (3) e Galaxia (2). Sermos Galiza aspira a un dos galardóns, o de Xornalismo Cultural. 

Gala-do-Libro-Galego-2
photo_camera Presentación da Gala do Libro Galego

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia convocan os Premios Gala do Libro Galego 2016 co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galiza. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo sobre unha listaxe de obras finalistas conformada polas bases asociativas das tres entidades convocantes.

Velaquí as obras finalistas: 

Ensaio
- Carlos Maside. Correspondencia [1928-1958]. Cartas inéditas e dispersas, María Esther Rodríguez Losada (comp.) e Anxo Tarrío Varela (edic.). Alvarellos-Consorcio de Santiago
- Historia da literatura infantil e xuvenil galega, Blanca-Ana Roig (coordinadora). Xerais
- No tempo de Follas Novas: unha viaxe pola literatura universal, María Pilar García Negro (edit.). Alvarellos Editora
- Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas, VV. AA. Apiario
 
Narrativa
- Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. Galaxia
- Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. Xerais
- Izan o da saca, de Xavier Quiroga. Xerais
- ...E os domingos, un croissant, de Ursula Heinze. Alvarellos
- O último día de Terranova, de Manuel Rivas. Xerais
 
Literatura infantil e xuvenil
- O home que sabía voar, de Xabier López López (ilustracións de Jacobo Muñiz). Tambre
- O meu pesadelo favorito, de María Solar (ilustracións de María Lires). Galaxia
- Teño uns pés perfectos, de María Solar. Kalandraka
- Todos os soños, de Xavier Estévez (ilustracións de Marcos Viso). Tambre

Libro ilustrado
- Balea, de Federico Fernández e Germán González. Kalandraka
- Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de José Antonio Abad Varela). Kalandraka
- Lendo lendas, digo versos, de Xosé Cobas (texto de Antonio G. Teijeiro e A. Reigosa). Xerais
- O home que sabía voar, de Jacobo Muñiz (texto de Xabier López López). Tambre
 
Iniciativa bibliográfica
- Cociña II, de André Arzúa, (fotografía e deseño de Alberte Sánchez Regueiro). Servizos Hosteleiros Arzúa S.L.
Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas). Xerais
 
Tradución
- A utilidade do inútil (Nuccio Ordine), en tradución de Carlos Acevedo, Factoría K
- Astérix. O papiro do César (Goscinny, Jean-Yves Ferri [ilustracións de Uderzo e Didier Conrad]), en tradución de Xavier Senín e Isabel Soto. Xerais
- Aventuras de Alicia no País das Marabillas (Lewis Carroll), en tradución de Xavier Queipo. El Patito Editorial
- Mocidade (Joseph Conrad), en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e Munin
 
Poesía
6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, Suso Díaz e Helena Villar Janeiro (coords.). Biblos Clube de Lectores
A boca da terra, de Manuel Rivas. Xerais
Abrindo fiestras en carne viva, de Carlos López. Alvarellos
- Dez anos na porta. Antoloxía poética 2005-2015, VV. AA. (A Porta Verde do Sétimo Andar). A Porta Verde do Sétimo Andar
oso, mamá, si?, de María Lado. Xerais
Zonas de tránsito, de Ramón Neto. Sotelo Blanco
 
Teatro
- Raclette, de Santiago Cortegoso. Xerais
- Ela, piedade dos suicidas, de Xavier Lama. Baía Edicións
- Xogando con gatos, de Antón Cortizas. Xerais
 
Iniciativa cultural ou de fomento da lectura
- Culturgal
- Espazo Lectura (Gondomar)
- Fundación Manuel María de Estudos Galegos
- Praza das Letras - Concello de Carballo
 
Proxecto literario na rede
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás. 
- Criticalia, de Armando Requeixo. 
- Poétic@, de Fran Alonso. 
 
Xornalismo Cultural
- Diario Cultural
- Montse Dopico
- Sermos Galiza

Comentarios