Aberto ao público

O Womex Film Nights acolle nove longas documentais arredor da música

O Womex 2016 ábrese ao cinema máis vinculado coa música. Así, co nome de Womex Film Nights desenvolverase a sección cinematográfica do festival, que decorre entre o 20 e o 22 de outubro e que inclúe nove longas documentais. Por vez primeira, o festival cinematográfico ábrese ao público.

womex
photo_camera Fotograma dunha das fitas que se proxectarán

Entre o 20 e o 22 de outubro terá lugar a Womex Film Nights, que acollerá nove longas documentais sobre música no Museo das Peregrinacións (Compostela). Francia, Indonesia, Tailandia, Os Estados Unidos ou o Senegal son algún dos países que protagonizan as fitas, que afondan en investigacións sobre a historia da música, celebracións mundiais, o compromiso dos músicos en África...

Por vez primeira, o festival cinematográfico ficará aberto a todos os públicos (a un prezo de 3 euros), amais das proxeccións destinadas a profesionais. Así, o ciclo pretende satisfacer as persoas profesionais e as espectadoras interesadas na música e no cinema.  Os pases de cada unha das longametraxes contará cos seus directores e as persoas asistentes poderán dialogar con eles despois das proxeccións.

Comentarios