CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Whitesnake: 'The Purple Album'

David Coverdale deuse a coñecer como cantante alá por 1973 cando os Deep Purple o escolleran como vocalista da banda para substituír a Ian Guillian. Coverdale, só estivo cos Purple até a primeira separación da banda en 1976, malia iso deixou tres míticos traballos: “Burn”, “StormBringer” e “Come Taste The Band”. Agora volve a gravar coa súa banda, WhiteSnake, unha escolma de temas daqueles traballos.

WhiteSnake


O proxecto era arriscado, regravar grandes temas cos que triunfara hai 40 anos, demostrando que seguen a ser totalmente actuais sen que soaran a copia do orixinal e por outra banda melloralos. Coverdale non deixara WhiteSnake dende que fundara a banda en 1978 e aínda que sempre introduce algún tema daquela época nos directos, certo é que WhiteSnake non son Deep Purple e a voz de de agora non soa igual que hai 40 anos.

Botándolle unha ollada á selección, atopamos que a maioría dos temas pertencen aos a “Burn” e “StormBringer” e somente 2 temas ao comercialísimo “Come Taste The Band”, o que xa da unha idea do que imos atopar, cousa que se confirma nada máis comezar a soar“Burn”, o tema elixido para abrir o disco. Non creo que ninguén a estas alturas dubidara de que se algo saben facer WhiteSnake é rock e nesa tónica vaise desenvolver o álbum.

O traballo que fai a banda é absolutamente espectacular, se ben non deixa de ser curioso que algúns temas como o potente “Lady Double Dealer” soe practicamente como a orixinal, con ese recendo setenteiro, namentres que outros como “Mistreated” atopamos unha readaptación da canción. O que si se bota en falta nestas novas versións é o espírito de Blackmore, xa que que as veces un sinte como se fora tratado de borrar das cancións. 

O certo que é que Coverdale volve a emocionar con “Soldier Of Fortune”, nunha versión totalmente básica para darlle todo o protagonismo á voz, do mesmo xeito que inxecta unha poderosa dose de adrenalina con “Lay Down Stay Down” e é quen de volver a a engaiolar con “The Gispsy” e volver a os Purple máis metaleiros con “StormBringer”.

Coverdale faise con este novo disco de WhiteSnake un tributo a si mesmo, e por que non dicilo, a unha das máis importantes bandas da historia do rock que, por certo, seguen e activo e en plena forma malia non contar xa na súa filas co finado John Lord nen con Ritchie Blackmore. Un disco que pode deixar opinións dispares entre os fans de Deep Purple, pero que contén algúnhas das mellores gravacións que fixo a banda nos últimos anos.

WhiteSnake na rede

Web: http://www.whitesnake.com/

Facebook: https://www.facebook.com/Whitesnake.official

Twitter:@davidcoverdale 

Listaxe de Temas: 

1.    Burn 

2.    You Fool No One (interpolating Itchy Fingers) 

3.    Love Child 

4.    Sail Away 

5.    The Gypsy 

6.    Lady Double Dealer 

7.    Mistreated 

8.    Holy Man 

9.    Might Just Take Your Life 

10.    You Keep On Moving 

11.    Soldier Of Fortune 

12.    Lay Down Stay Down 

13.    Stormbringer

Comentarios