Voz de alerta para salvar o xacemento de Estabañón

MariñaPatrimonio, ADEGA e o Colectivo “Pensamento e Sementeira” urxen medidas para protexer o xacemento arqueolóxico de Estabañón, diante de temporais que poden rematar por destruílo. 

.
photo_camera .

Varios colectivos da Mariña reclaman ao Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta que activen medidas para evitar o progresivo deterioro do xacemento arqueolóxico de Estabañón, a vila e factoría romana da praia de Area. 

O xacemento de Viveiro foi o que máis se viu afectado polos fortes temporais do pasado ano, cunha vulnerabilidade incrementada pola súa situación no mesmo areal. 

MariñaPatrimonio, ADEGA e o Colectivo “Pensamento e Sementeira” lamentan que o Servizo de Costas, diante esta perigosa situación, retirase as árbores que protexían un xacemento que xa estivo ameazado pola construción dun paseo marítimo e pola falta de protección nas catas desenvolvidas por Costas. 
“Estabañón é máis vulnerable que nunca”, advirten ao tempo que reclaman das institucións unha actuación axeitada e urxente para a protección do ben arqueolóxico e evitar a súa desaparición.

Comentarios