CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Topo (Chapa discos, 1979)

Se Asfalto foi un dous grupos máis influentes do rock urbano, non podía ser menos a formación saída da súa fractura. 

Topo_1979
photo_camera Topo_1979

 

Cando José Luís Jimez e Lele Laína deixaron Asfalto en 1978, non tardaron en formar Topo, cuxo álbum debut sería lanzado por Chapa Discos o 29 de xaneiro de 1979. O LP contiña 7 temas que duraban pouco máis de 36 minutos, pero estaba predestinado a pasar á historia do rock and roll.

As letras de Topo, igual que as de Asfalto, falan de ecoloxismo, de anti-imperialismo, de amizade ou relixión, coas ideas sempre claras. Temas como “Abélica”, unha crítica contra o imperialismo ianqui ou “La Catedral” na que fan unha crítica á Igrexa como negocio. Outro dos grandes temas que atopamos no disco e “Vallecas 1996”, o tema de peche do disco, cunha crítica ao consumismo e a socidade actual onde vían un futuro de escasez onde xa nada quedaba tras ter todo esgotado.

Agora, no ano 2015, a que esperas para volver a escoitar este mítico disco de Topo?

Mais se este disco pasou a historia é por conter unha das mellores cancións da historia do rock estatal: “Mis amigos dónde estarán”, canción convertida en todo un himno xeracional, chea de nostalxia e emotividade. Esta canción é a segunda parte do “Días de escuela” de Asfalto, onde os rapaces xa medraron e agora ían a manifestacións e xogan ao futbolín. Co gallo do 20 aniversario da banda volveron a regravar este tema rodeado dos seus amigos entre os que se atopaban Yosi, Fortu, Rosendo, Jero, ou Jose Carlos Molina entre outros. E agora, no ano 2015, a que esperas para volver a escoitar este mítico disco de Topo?

Vídeo: Topo – Mis amigos dónde estarán

Listaxe de temas

Cara A

  1. Autorretrato

  2. Abélica

  3. La catedral

Cara B

  1. Mis amigos dónde estarán

  2. Qué es la vida

  3. El periódico

  4. Vallecas 1996

Topo na rede

Facebook: www.facebook.com/TopoOficial

Comentarios