CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... The Toy Dolls: "Dig That Groove Baby" (1983)

Este ano Toy Dolls están de xira celebrando seu 35 aniversario así que non hai escusa para non desfrutar da banda cun dos directos máis divertidos da actualidade. Namentres, a desfrutar volvendo a escoitar este “Dig That Groove Baby” e se queredes o resto da súa discografía.

ToyDolls


En marzo de 1983 vía a luz o primerio traballos dos británicos The Toy Dolls. Gravado e mesturado en 3 días, esta pequena xoia do punk rock, é sen dúbida o mellor disco da banda. O disco amosaba perfectamente cal era a esencia Toy Dolls, un punk rock divertido e guitarreiro con claras influencias do rock clásico dos 50 actualizado. A peculiar voz de Olga e súa técnica coa guitarra baseada no “finguerpicking” converten a esta banda nun claro referente que a día de hoxe segue a contar con lexións de fans incondicionais.

Este disco incluía varios dos himnos clásicos da banda como o o propio “Dig Tha Groove”, “Dougy Giro”, que versionaran The Refrescos baxio o título de “Superman III”, “Glenda and the test tube baby”, a acelerada e gamberra versión do “Blue Suede Shoes” de Carl Perkins ou a mítica “Nellie The Elephant”, unha versión dunha canción infantil que se convertería no himno da banda. Un total de 13 temas, incluíndo  “intro” e “outro” no que non sobra absolutamente nada e que a día de hoxe si ben a banda gañou en calidade nos seus traballos, ningún disco chegou a ser tan fresco e completo coma este. De feito, debido ao especial de “Nellie The Elephant”, fixeron unha regravación do tema, máis até o propio Olga decatouse que non foron capaces de mellorar a versión orixinal.

Listaxe de Temas

  1. ''Theme Tune"
  2. "Dig That Groove Baby" 
  3. "Dougy Giro" 
  4. "Spiders In The Dressing Room" 
  5. "Glenda And The Test Tube Baby''
  6. "Up The Garden Path"
  7. "Nellie The Elephant''
  8. "Poor Davey"
  9. "Stay Mellow" 
  10. "Queen Alexandra Road Is Where She Said She'd Be, But Was She There To Meet Me... No Chance" 
  11. "Worse Things Happen At Sea" 
  12. "Blue Suede Shoes'' 
  13. "Firey Jack" 
  14. "Theme Tune" 

The Toy Dolls na rede

Web: http://www.thetoydolls.com/

Facebook: https://www.facebook.com/TheToyDollsOfficial

Twitter: @TheToyDolls

Comentarios