martes 21.01.2020
CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... The Sweet: Strung Up (1975)

Dicía Gene Simmos, que se non existiran The Sweet, Kiss tampouco existiría. Sen dúbida, estamos ante unha das bandas máis influentes e carismáticas do glam rock.

The Sweet
The Sweet


A súa calidade compositiva é tal que resulta difícil elixir un traballo como o mellor deles, xa que editaron moito material en formato single aínda que pode que  o Desolation Boulevard de 1974 puidera ser ese disco, pero non sería xusto. É por iso que elixín “Strung Up” de 1975, xa que  para min é un disco imprescindíbel, xa que son dous discos en un. O primeiro é un disco en directo gravado do Rainbow de Londres en 1973 e nel podemos atopar clásicos como “Hellraiser”, tema que abre o disco, ou “Rock n Roll Disgrace”. Ademais diso, o feito de ser un disco en directo amosa aos Sweet na súa verdadeira onda, frescos, potentes e divertidos. 

O segundo disco e un compilatorio con de temas de estudio da banda. Onde podemos atopar grandes himnos como “Fox on the Run”, “Ballroom Blitz”, “The Six Teens” ou “Blockbuster”. The Sweet é unha desas bandas musicalmente atemporais, aínda que no que respecto a súa indumentaria non podemos dicir o mesmo, cousa da que se decataron e mudaron. E digo mudaron, porque malia que  formación como tal en 1991 desapareceu, temos agora dúas versións da banda en xira, a de Andy Scott xirando por Europa, e a de Steve Priest xirando por América do Norte e Canada. Se ben non é o mesmo que a formación orixinal, sempre está ben para gozar dunha boa chea de clásicos do rock en directo.

Non podo negar que The Sweet é unha da miñas bandas favoritas que nunca deixei de escoitar e que seguro que non son o único. De feito, foi bastante difícil para min escoller un vídeo da banda polo decidín e sen que serva de precedente poñer dous, porque The Sweet meréceo. Saúde e glam rock!

Vídeo: The Sweet – Fox on the Run

Vídeo: The Sweet – Ballroom Blitz

Listaxe de temas

Álbum ao Vivo

Hellraiser
Burning / Someone Else Will
Rock n Roll Disgrace
Need a Lot of Lovin
Done me Wrong Alright
You're Not Wrong For Lovin Me
The Man With Golden Arm

Álbum de estudo

Action
Fox on the Run
Set Me Free
Miss Demeanour
Ballroom Blitz
Burn on the Flame
Solid Gold Brass
The Six Teens
I Wanna Be Committed
Blockbuster 

The Sweet na rede:

Web: http://www.thesweet.com/

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCdIpXow75WsgKZPfBcGqfVw
 

comentarios