CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo escoitar...The Ramones: Ramones (1976)

Banda emblemática. Estética emblemática. O noso crítico de rock debulla un disco imprescindíbel para a evolución do punk e do rock a partir dos anos 70 da pasada centuria.

Ramones
photo_camera Ramones

O pasado 29 de xaneiro, de estar vivo, tería cumprido 63 anos Tommy Ramone, fundador e primeiro batería dos Ramones. Malia que só estivo na banda até 1978, a súa influencia tanto persoal como a nivel compositivo marcaron fortemente o que serían os Ramones. De feito, foi el quen convenceu a Joey para que deixara a batería e fose o cantante da banda.

En 1975, lanzaron o single “Blitzkrieg Bop”, composto en case a súa totalidade por Tommy Ramone, cuxo berro de inicio, “Hey! Ho!, Let's Go!”, converteuse na marca persoal da banda, como adianto deste disco, que sairía ao mercado en 1976. Foron 14 temas salvaxes que conformaron un dos álbumes máis influentes da historia do punk e do rock. De feito, “Blitzkrieg Bop” é un dos temas  máis versionados da historia do rock. Outas cancións como Judy is a Punk, Today Your Love, Tomorrow de World, 53rd & 3rd  ou I Wanna be your boyfriend, xa forman parte do cancioneiro popular.

Este seu primeiro disco está considerado como un dos mellores discos da historia, e foi todo un presaxio do que ía ser toda a súa traxectoria

A produción correu a cargo de Craig Leon, quen os descobriu cando tocaban no mítico CBGB e por Tommy Ramone, que dotaron ao vinilo do son salvaxe, cru e rebelde que os Ramones transmitía coa súa música e nas súas letras, cun estilo sinxelo pero marcadamente propio e recoñecíbel.

A portada do disco, unha foto en branco e negro na que se ve a banda fronte á unha parede de ladrillo coas cazadoras de coiro, as zapatillas e os pantalóns rotos, marcarían fortemente a súa imaxe de tal xeito que o resto das portadas dos discos que sacaron ían nesa liña. 

Se falamos de influencias no mundo do punk rock, Ramones teñen a súa presenza garantida por méritos propios. Este seu primeiro disco está considerado como un dos mellores discos da historia, e foi todo un presaxio do que ía ser toda a súa traxectoria.

Video -  Blitzkrieg Bop


Listaxe de temas

1.Blitzkrieg Bop 
2.Beat on the Brat  
3.Judy is a Punk  
4.I Wanna Be Your Boyfriend 
5.Chain Saw 
6.Now I Wanna Sniff Some Glue  
7.I Don't Wanna Go Down to the Basement 
8.Loudmouth
9.Havana Affair
10.Listen to My Heart  
11.53rd & 3rd 
12.Let's Dance 
13.I Don't Wanna Walk Around With You  
14.Today Your Love, Tomorrow the World 

Ramones nas redes

Web: www.ramones.com
Facebook: www.facebook.com/theramones
Twitter: @ramonesofficial
 

Comentarios