CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar: Stray Cats (1981)

En 1981 ococorreu un dos grandes fitos que mudaría para sempre o rock and roll. Un trío de rockabilly formado por Brian Setzer, Lee Rocker e Slim Jim Phantom chamdos Stray Cats editan un disco homónimo que poría de novo en primeira liña de actualidade o rock and roll.

Stray Cats

Din que ninguén é profeta na súa terra e Stray Cats tampouco foron. Nados na terra que viu nacer ao rock and roll, tiveron que emigrar ao Reino Unido, onde escomezaba a rexurdir o movemento Teddy Boy para poder triunfar. De feito, o seu debut estadounidense foi con “Built for speed”, en 1982, no que sería o seu terceiro álbum é que incluía os mellores temas dos dous primeiros discos e un tema inédito, co que chegaron ao número 2 das listas dos EUA.

O comezo da revolución foi sen dúbida o seu primeiro disco, chamado “Stray Cats” e que incluía 12 descargas de puro rock and roll que chegaría directamente ao número 6 das listas de álbums do RU. Do disco extraéronse 3 sinxelos, “Runaway Boys”, “Rock This Town” e “Stray Cat Strut”. Malia que as dúas primeiras só chegaron ao número 9 da lista de sinxelos, “Rock This Town” está considerada como unha das cancións máis influentes da historia do rock and roll polo Salón da Fama do Rock and Roll. Curiosamente, “Stray Cat Strut”, que só acadou o número 11 das listas, cando se editou en 1982 en nos EUA, acadou o posto número 3.

Cos ollos postos no rock dos 50 e fans declarados de “Bill Halley & His Comets” (“Rock Around The Clock”, “Crazy Man, Crazy”) Stray Cats foron quen de volver a traer á primeira liña da actualidade o rockabilly modernizando tanto o seu son, como a súa estrutura, colleitando unha morea de fans tanto de vellos, como de novos descubridores do rock&roll. Malia estar separados e levar carreiras en solitario, agás por algunha xuntanza puntúal, Stray Cats seguen a ser unha das bandas máis influentes no seu estilo. 

Listaxe de temas

1.    Runaway Boys 

2.    Fishnet Stockings 

3.    Ubangi Stomp  

4.    Jeanie, Jeanie, Jeanie 

5.    Storm The Embassy 

6.    Rock This Town 

7.    Rumble In Brighton 

8.    Stray Cat Strut 

9.    Crawl Up And Die 

10.    Double Talkin' Baby 

11.    My One Desire 

12.    Wild Saxaphone 

Comentarios