CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Siniestro Total: Cando se come aquí? (1982)

O disco converteuse nunha icona no punk rock, tanto pola súa mítica portada, na que aparecían os membros da banda debuxados ao estilo dos irmáns Dalton, como polo seu contido musical. 

Siniestro_Vinilo


Falar de punk na Galiza e sen dúbida falar de Siniestro Total, abandeirados da chamada movida viguesa e unha das bandas máis irreverentes do panorama musical. Dende que Jesús Ordovás comezar a pinchar a súa maqueta no Diario Pop de Radio3, o seu nome comezou a sonar por tódolos recunchos do estado,  editando en 1982 o seu primeiro E.P. coa discográfica D.R.O. Baixo o título de “Ayudando a los enfermos” e poucos meses despois, en novembro dese mesmo ano o seu primeiro Lp “¿Cuando se come aquí?”. 

O disco, hoxe en día converteuse nunha icona no punk rock, tanto pola súa mítica portada, na que aparecían os membros da banda debuxados ao estilo dos irmáns Dalton, como polo seu contido musical. Se ben a gravación non é dunha calidade excelente, os temas que compñen este disco son hoxe en día auténticos himnos xeracionais. 15 temas que de ser hoxe, probablemente non serían editados por  non ser politicamente correctos e moito menos terían soado das radios. Dende o mítico “Ayatollah” até “Todos los ahorcados mueren empalmados”, pasando por “Las tetas de mi novia” ou “Matar hippies en las Cíes” o disco é testemuña dunha época e dun xeito de ver a vida que xa pasou, onde primaba a diversión e a ironía, onde nada era o que parecía e coa que Galiza entrou de cheo da primeira liña do rock. 

Bo momento para volver a escoitar este primeiro Lp de Siniestro Total  e tentar volver a tomar a vida cun sorriso.

Listaxe de temas

  1. "Todos los ahorcados mueren empalmados" 
  2. "Ponte en mi lugar" 
  3. "El cobrador loco" 
  4. "Fuera las manos chinas del Vietnam socialista" 
  5. "Las tetas de mi novia" 
  6. "La revista" 
  7. "Matar hippies en las Cíes" 
  8. "Hoy voy a asesinarte" 
  9. "Los esqueletos no tienen pilila" 
  10. "Juegas al Palé" 
  11. "Los chochos voladores" 
  12. "Los mártires de Uganda" 
  13. "(Aunque esté en el frenopático) Te tiraré del ático" 
  14. "Nocilla, ¡qué merendilla!" 
  15. "Ayatolah!" 

Sinestro Total nas redes

Web:  www.siniestro.com

Twitter: @Siniestro_Total

Comentarios