CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Salve! (La Polla Records)

O retrovisor do noso crítico de rock e outras lerias lévanos a un disco fundacional, Salve, de La Polla Records, palabras maiores.

La_Polla_Records-Salve-Frontal
photo_camera A capa do disco


Falar de “La Polla Records” é falar dunha das máis grandes iconas no punk estatal. Trala súa maqueta “Y ahora que?” de 1983, ficharon por Oihuka cos que editaron este seu primeiro longa duración: “Salve”. Este disco contiña 19  tema cheos de letras de alto contido político, que será a marca da formación, xenreira e crítica. Atopamos críticas ao Opus Dei na canción que dá título ao álbum, ao capitalismo, ao mercado discográfico ou aos “punkis de pastel”, aparecían máis por moda que por convicción. O disco foi todo un suceso e superou o millón de copias vendidas segundo a discográfica. O disco de ouro que lles correspondía foi rexeitado pola banda nun exercicio de coherencia. 

A portada de “Salve”, que amosa a un frade tentando agredir cunha cruz ardendo, xa falaba do que se ía atopar dentro do disco. As corrosivas letras de Evaristo, un son salvaxe e uns coros sinxelos nos retrousos estaban poñendo as bases do que sería a traxectoria da banda. Cancións como o propio “Salve”, “Txus”, “Come Mierda”, ou “Los 7 Enanitos” convertéronse en himnos xeracionais que non podían faltar no seu repertorio. 

O disco foi todo un suceso e superou o millón de copias vendidas segundo a discográfica

Non deixa de ser curioso que 31 anos despois da aparición deste disco, as súas letras sigan estando de actualidade e ben podían ser escritas hoxe. Ou Evaristo, ese rapaz nado en Tui e emigrado a Euskadi, era un visionario cando escribía ou as cousas non mudaron moito. La Polla Records escribiu a súa historia a ferro e lume nos camiños do punk e a día de hoxe non hai problema político o social que non poda ser ilustrado cunha canción. Así que hoxe é un momento para viaxar no tempo 30 anos atrás e volver a escoitar esta pequena xoia do punk.


La Polla Records – Salve:

Listaxe de temas

1. Venganza
2. Porno en acción
3. Tope Bwana
4. Estrella del rock
5. Delincuencia
6. Los 7 enanitos
7. Nuestra alegre juventud
8. Críticos
9. Muy punk
10. Herpes, talco y tecno pop
11. Salve
12. Así casca la basca
13. Come mierda
14. El gurú
15. Tu alucinas
16. El 7º de Michigan
17. Canción de cuna
18. Revistas del corazóns
19. Txus.

Comentarios