CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar.... Rastreros

rastreros

Rastreros: A piñón fixo.  A golpe de pixo.
(Edicións do Cumio, 1996)

No ano 1996 vía a luz o primeiro LP dos Rastreros. Estes punkis chantadinos, adheridos ao movemento bravú, apostaron por un disco multilíngüe con letras en catalán, inglés, galego e castelán, que non deixan de ser irreverentes mensaxes contra o poder establecido. 

Rastreros foi unha banda creada nos directos nos que medrou e foi tomando consciencia de si mesmos. E iso nótase neste disco se o comparamos coa anterior EP, lanzado en 1992. As guitarras esgarradoras e os riffs das gaitas en temas como Tractorada, A vida de Xan ou O Sacristán de Basán danlles ese toque persoal  e totalmente recoñecíbel.

Se os directos lles deu a madurez, o Xabarín Club deulles a fama e O Sacristán de Basán converteuse nun dos seus himnos mais coñecidos por nenos e grandes. O disco inclúe a modo de peche unha frenética versión da Muiñeira de Lugo que fai brincar ao mais parado.

Un disco mítico do punk galego dunha banda que despois de 25 anos segue tocando en directo coa mesma forza do primeiro día. Un bo momento para voltar a escoitar este disco e se tes sorte, igual podes velos en directo.


Vídeo Clip – O Sacristán de Basán

Listaxe de temas

1.-Aquesta terra
2.-Pandeirada salvaxe
3,.Vida de Xan
4.-Cerebro proletario
5.-Rozando nos toxos
6.-Kristo jipi
7.-O sacristán de Basán
8.-Hate song
9.-Johnny Caraperro
10.-O porco de pé
11.-Tractorada
12.-The jet (a) set
13.-A da vaca
13.-Fuches tu

Rastreros nas redes:

Web: www.rastreros.net
Facebook: www.facebook.com/pages/Rastreros/105556839539407?fref=ts
Twitter: @Rrastreros

Comentarios